“Llegué tarde al mundo de las computadoras, en abril de 1998”. Así comeza o relato de Horacio Potel, docente de filosofía na Universidade de Lanús en Buenos Aires, que se enfrenta a unha pena de entre un mes e seis anos de cárcere por infrinxi-la ley 11.723 sobre a Propiedade Intelectual, do Código Penal arxentino. Potel foi incriminado como responsable das webs sobre Friedrich Nietzsche, Martin Heidegger e Jacques Derrida, abertas en 1999, 2000 y 2001.

Estes sitios permitían descargar de forma gratuita escritos dos tres filósofos, ademáis de biografias, fotos, enlaces e comentarios para facilita-lo coñecemento e a aprendizaxe das súas doutrinas. Un largo traballo de recopilación, tradución, interpretación de textos e material documental.

 

 

 

 

 

 Máis info

 

 tomado de: Filosofía en Castellano