Anotacións nº 8 (Euseino? Editores)
Euseino Editores vén de publicar en abril o nº 8 da súa revista Anotacións. Deixámosvos aquí a ligazón para consultala e descargala. Descarga o artigo en PDF
É nosa a terra? Polo acontecemento da non-propiedade
Dexectora Castro RESUMO: Partindo da urxencia no contexto galego de abordar a problemática ecolóxica de forma transversal, promóvese como movemento de resistencia política unha experiencia da propiedade que non exclúa a propia imposibilidade de ser propietario. Para iso analízase e ponse en cuestión o dereito á propiedade que rexe o modelo socio-político vixente e que...
Propiedade e comunidade. A raíz do texto de Marx: “Sobre a cuestión xudía” (1844)
Francisco Conde Soto O texto que presentamos consta de dúas partes. Na primeira intentamos facer un comentario de certos aspectos da crítica de Marx a dous textos do teólogo e filósofo Bruno Bauer acerca das relacións entre xudaísmo e estado. Este comentario serve de prólogo para discutir as nocións de emancipación relixiosa, política e...
Síguenos