Sören Hauser

De WikiDerriba

Biografía

Apareceu un frío día de Outono de 1978 pola Rabaza e ninguén sabe de certo de onde provén. Segundo da saga dos irmáns Hauser é investigador, músico e xornalista ocasional de Diagonal. Colabora coa Universidade Invisíbel e o grupo Decontra, e desenvolve as súas investigacións no departamento de Filosofía e Filosofía moral e política da UNED. Cando lle dá por cavilar as súas teimas adoitan achegarse á deconstrución, á postmodernidade e ao postmarxismo, aínda que comezou a súa andaina filosófica realizando unha experiencia vivencial da filosofía de Kierkegaard e investigando xunto aos seus irmáns Oskar, Giacomo e Frank a repercusión da mitoloxía no concepto de comunidade. De aí houbo só un paso até atopar a comunidade sen comunidade e o non-lugar. Isto levouno a desenvolver a relación entre utopía e imposíbel en Jameson e Derrida da man do inesquecíbel Paco Vidarte, convertido hoxe nun dos seus non-lugares máis especiais. Actualmente investiga as repercusións políticas do postestruturalismo, e segue sendo afeccionado a morar en lugares imposíbeis, entre a ciencia-ficción, a banda deseñada e a utopía política.

Artigos e publicacións

Acontecemento postmoderno e pulos utópicos

A utopía en Europa ou a malla das mallas

Ecoloxía e produción de subxectividade. De Guattari ao ciborg

Sublevación política e ética marica

He olvidado mi paraguas

O acontecemento italiano: reflexións e datos

Introdución á alteridade na Ciencia-ficción. O exemplo de Stanislav Lem

Alteridade e utopía

La autovalorización en Negri como respuesta a la subsunción real de la sociedad en el capital

(A) fronteira(s) postmoderna(s)

Toni Negri: da revolta italiana á potencia da multitude

Fredric Jameson: entre postmodernidade e utopía

Ferramentas persoais