Ontoloxía das sombras
De WikiDerriba
Revisión como estaba con data 07:08, 21 outubro 2009 por 83.165.0.5 (Conversa)
A ontoloxía das sombras cómpre ser parte dunha Metafísica Escénica; ou incluso, a disolución por isto mesmo de toda metafísica. O que acredita a ontoloxía das sombras é a existencia esencial de graduacións no fenómeno cando miramos unha cousa. A través da perspectiva as cousas aparecen en sombras, i entre sombras. O valor destas é tan importante como o da cousa, e incluso poderiamos dicir, que estas sombras non pertencen de por si á cousa, senón case ao contrario. É a cousa a que se forma por agregación, bucle ou rizoma destas sombras. As sombras teñen existencia (e insistencia) particular, ao marxe dunha suposta permamencia da cousa.

