Manuel Hauser Loureda

De WikiDerriba

Nace na Galiza (26 de marzo de 1979). Estuda Filosofía na Galiza. Viaxa i experimenta en Cataluña: Ioga, Meditación, Agricultura Ecolóxica... Postgrao en "Arte, Filosofía y Creatividad" na Universidad de Valencia. De novo en Galiza investiga as artes escénicas: a súa vinculación co pensamento. A partir de aí dalle forma ao Proxecto de Innovación Pedagóxica O Teatro Resoante, que dirixe e promove, e co que xira por Galiza. Membro de Proxecto Derriba e Universidade Invisíbel. Agora mesmo prepara un taller sobre cinema e pensamento.

Índice

Conceitos

A súa reflexión en principio sobre a estética lévao a replantexar e reflexionar os conceptos de actual e virtual que ademais relaciona coa impronta do Espectáculo na sociedade contemporánea. Tamén neste eido, repensa conceptos como os de tele-visión, resonancia, clínica da razón, re-sistencia, in-org@nico...

Artigos

o in-org@nico defensa da inmobilidade incluso de Parménides fronte unha post-modernidade as veces demasiado volcada nunha exclusiva lectura do devir heracliteano. En xeral contraponto á organicidade romántica. Inspirado en grande medida no corpo sen órganos de Artaud enlaza a fondura filosófica coa práctica ecoloxía.

a Re-sistencia repensar a re-sistencia como alternativa ao paradigma clásico, moderno e incluso contemporáneo (Heidegger, Sartre...) da ex-sistencia. A re-sistencia non precisa suplemento, non fai falla re-sistir a nada, como tampouco se ex-siste a algo ou de algo.

Reivindicación dun Laboratorio de Ciencias Humanas defensa dun espacio clínico da razón en contraposición ao laboratorio moderno das ciencias exactas.

A Tese de o Antiedipo, estudo sintético sobre o xa clásico de Deleuze-Guattari.

Teoría

Emerxencia dun novo Laboratorio para as Ciencias Subxectivas:

  • En vez do Laboratorio moderno das Ciencias Exactas.
  • Traballar a subxectividade en vez da obxectividade
  • É un Laboratorio escénico formado a través das diversas Artes.
  • A pantalla, a imaxe, o cinema serán as claves do acontecemento. A evolución "natural" do cinema conduce por se mesma ao espacio escénico da performance onde imaxe e son conforman o novo tempo ontolóxico (duración) do acontecmento.
  • Ante o monopolio do Espectáculo na sociedade contemporánea soamente un Laboratorio científico no eido das Humanidades (Subxectividades) pode descentralizar o seu axenciamento (arranxo) e devolvelo ao fondo Caósmico (Pensamento) que lle corresponde.
  • As Artes como techné do Laboratorio nunca son fin en si mesmas, senón sempre recursos para iluminar, esclarecer unha zona, territorio problemático-intensivo da contemporaneidade.
  • Xorde así un espacio clínico e resoante da razón, nunha práctica que entronca coa Esquizoanálise, e que traballa a producción de novas subxectividades desexantes moleculares.
  • O Espectáculo (a techné artística e multimedia) pasa a ser un acople ou anexo rizomático dun plan(o) máis amplamente democrático onde a súa interpretación, lectura, enunciación... conta tanto como o propio Espectáculo. Isto acontece sobre todo a través dos foros e ferramentas web, medios alternativos de comunicación e comunidade como este.

Enlaces externos

Ferramentas persoais