Invisíbel
De WikiDerriba
O invisíbel é o molecular. Aquelo que por definición se escapa ás estratificacións molares, a súa ensamblaxe estructural. O invisíbel é efectivamente aquilo que non-se-ve; pero máis exactamente é aquilo que se ve soamente dentro do proceso constitutivo. O invisíbel non aparece previamente, mais tampouco finalmente; é proceso, tránsito, discurrir do corpo sen órganos, instante polo cal atravesan as forzas, se transversalizan, mais non acaban de estar nunca referidas a unha estructura, a unha marteria, senón sempre en constitución e reconfiguración.
O invisíbel é a excitación cuántica e molecular da materia. É a súa inestabilidade esencial. A alteración do formado; cara o informado.
O invisíbel é o virtual; a potencia dos estados de cousas; aquilo que nin se di nin se toca; alén das cousas e das súas proposicións. Carga propiamente o plan(o) intersticial do sentido; incluso como enerxía libidinal do mesmo.
Mais certamente, o invisíbel non é o último.
Xunto ao invisíbel está o visíbel: que é o molar: o Estado, a estructura por enriba de todo, a estructura que subordina aos seus elementos; a estructura que non se compón de moléculas, pois coarta, colapsa, bloquea, arruina a potencialidade destas convertindo o seu ser tránsito e proceso en punto terminal, estado final, dunha función sen retorno, sen profundidade e sen adentro. O invisíbel é precisamente aquilo que acontece adentro, aquilo que soamente ten un dentro; ou ben: que o seu afóra, a súa exterioridade, acontece como un adentro radical. Rizoma.
Mais o invisíbel en tanto que tránsito precisa (por veces) tamén dun suporte: o invisíbel é o insuportábel, mais a súa continuidade e consistencia dase: na institución.
A institución é o previsíbel. Un modo de anticipar o desorde, de darlle un plan(o) ao intinto; pode tender á estructura, mais loita por manter o instinto mesmo, non subordinar nin arruinar o molecular, senón darlle cabida, e liberdade, en liberación; a risco do Estado e o pulo da súa Máquina.
O estado de cousas, o Estado sen máis, a estructura composta de puntos terminais, sen adentro, sen interrioridade na que recrear as cousas: iso é o visíbel sen máis.

