Inmóbil
De WikiDerriba
O inmóbil non é o máis sedentario, nen o máis territoriazilado; senón ao contrario. O inmóbil é propiamente nómade e desterritorializado. Incluso a desterritorialización, a ocupación nómade dun espacio, pasa necesariamente pola inmobilidade; alomenos nalgún senso. Cando estamos territorializados estamos ao servizo do espacio e dos seus mecanismos. Estamos ocupados con eles, subordinados a eles; non podemos prescindir deles; non estamos nós, no lugar, sen máis, pola nosa conta. Un instante de inmobilidade, un instante de silencio, a potencia do baleiro (bloom!); tal é preciso para a desterritorialización.
O nómade é o que non precisa dunha estructura determinada para habitar. Non está subordinado aos mecanismos, e polo tanto pode permanecer, sen eles, inmóbil, in-org@nico. Ainda que sexa no propio movemento. Pois tampoco vale unha inmobilidade absoluta; esto é fóra do movemento. Non vale a inmobilidade da postura do ioga. Iso é máis ben unha non-mobilidade. A inmobilidade como tal acontece no tránsito. Acontece; xa é dicir bastante. Como inmobilidade entre dous estados, non unha non-mobilidade que non pertenza a un devir. Que non se inserte nun devir. Que non sexa un intersticio do mesmo.

