Filosofía-Teatro

De WikiDerriba

"Houbo (Hegel, Sartre) a filosofía-novela; houbo a filosofía-meditación (Descartes-Heidegger). Velaquí, despois de Zaratustra, o retorno da filosofía-teatro. En absoluto reflexión sobre o teatro; en absoluto teatro cargado de significacións. Senón unha filosofía convertida en escena, personaxes, signos, repetición dun acontecemento único e que non se reproduce xamais" MICHEL FOUCAULT Ariadna colgouse.

Quizais a FILOSOFÍA; a Historia da Filosofía, non sexa senón esa ponte (unha ponte) que pasa dos rituais máxico-relixiosos antigos, incluso primitivos... ao unha nova forma de encontro sotereolóxico que é a performance, o teatro e as artes escénicas contemporáneas en xeral. A filosofía e a súa historia como tránsito, como etapa de suspense a respeito da POTENCIA DO PENSAMENTO e do seu contacto cun Afora. Un tránsito sostido pola racionalidade, como eixo común e guía do que cabe pensar e sobre todo do modo no que hai que pensar. Polo tanto; un tránsito respecto a un antes: no que se incubaba a FE e os poderes máxico-chamánicos do inconsciente; a un periodo no que esos poderes máxicos do inconsciente volven a liberarse mais agora xa sen a referencia absoluto aos deuses, baleirados precisamente dese AXENCIAMENTO. Polo tanto: a filosofía e a racionalidade como o eixo ou a ponte, o contínuo a través do cal pasamos a liberarnos da dominación trascendental do inconsciente e aprendemos a arroxalo, a traballalo, a xogalo... nun espazo novo, recreado, un espazo que asumimos como virtual, simulacro, artificial. Mais que non por elo opoñemos a unha sobriedade da razón e da natureza. Todo se xoga no fondo xa en a caverna de Platón e na relación que ten a razón coa súa negatividade, co que non lle cabe pensar, co que deixa fóra pois se sitúa nos seus baleiros ou puntos cegos. Fortalecer a razón como tránsito, agarrarse a súa luminosidade, repregala sobre si mesma... vén sendo quizais preciso, para logo soltala a ese novo espazo interior, un novo adentro recreativo, virtual e tecnolóxico, unha reformulación da caverna, onde cómpre agora reintroducir os poderes e as forzas inconscientes de antaño; libres de axenciamentos trascendentais.

Ferramentas persoais