Categoría:Pensamento

De WikiDerriba

Fondo caósmico do acontecer. Instante de acabamento da Metafísica. Estamos acostumados a chamar pensar e pensamento ao que non o é. Estamos acostumados a chamar pensar á reproducción de formas predeterminadas, prestablecidas en plan(o)s superiores, trascendentais, dogmáticos... que se nos impoñen. Sobre todo dende a relixión, mais non soamente; tamén dende a moral, as costumes, o qué dirán, as convencións sociais, o consumismo, a publicidade, o Espectáculo. Todo isto introdúcenos hábitos de "pensamento" que pasa a ser por iso pseudo-pensamento. Pasa a ser adormecemento, reproducción de sombras que se proxectan sobre a nosa cabeza, que cortan o seu volume, a súa dimensión, a súa resonancia e fan dela un plan(o) acotado, restrinxido, sen verdadeira capacidade, sen conexión coa súa fondura, máis profunda, máis escura, máis caósmica, máis potente, máis liberadora... O pensar é de por si, tan só o pensar, revolucionario. O único feito de pensar, con todas as consecuencias que elo ten, sitúanos, posicionanos, alén da metafísica, alén das estructuras que rixen e gobernan na nosa conciencia a repercusión, o efecto da nosa actitude. Pensar, como tal, é estar libre, desas consecuencias, e xogar, como un neno, na potencia inmanente do acontecemento. Pensar sitúanos ante, ábrenos diretamente, en toda a súa magnitude i esplendor, o acontecemento criativo emerxente do caosmos.

Artigos na categoría "Pensamento"

Hai 9 artigos nesta sección desta categoría.

C

D

F

M

P

S

T

Ferramentas persoais