PROXECTO DERRIBA quere ser unha comunidade singular. Singular porque tira os seus pulos dun aquí e dun agora concretos, malia que sente a necesidade de abrirse a todo aquilo que poida acontecer noutros lugares e contextos. Comunidade acéfala porque se forma polo conxunto de aqueles que comparten a non pertenza, porque a súa obra é a desobra.
Open Call Seminario comúns e cultura

Open Call Seminario comúns e cultura

Á par dos procesos de novos cercamentos, que Harvey ten definido como “acumulación por desposuímento”, xurdíu con forza nos últimos anos unha redefinición da “vella” problemática dos “comúns”. Os comúns abren novos espazos, tanto no ámbito inmaterial, coma no material, ao rachar coa dicotomía entre o público e o privado....
Latest entries
Conversa con...   Claudio Pato: “Ser xusto co outro é aceptar a súa monstruosidade”

Conversa con… Claudio Pato: “Ser xusto co outro é aceptar a súa monstruosidade”

Conversamos con Claudio Pato sobre as motivacións que levaron a poñer en pé o proxecto denominado “Escrita(s)”, que ten lugar anualmente n’A Coruña dende o ano 2009, os seus antecedentes, obxectivos (de habelos), pretensións e desexos. Proxecto Derriba: Para empezar dunha maneira típica e tópica, e antes de entrar en materia, estaría ben a nivel...
A domadora

A domadora

Sabela López Pato Resumo1: Partiremos dun elemento central na escrita da arte contemporánea, o artefacto. Polo camiño, perderemos a noción de obra en tanto que unidade ou complexo de sentido e caeremos no disparatado. Presentareivos a domadora e descenderemos das peañas da arte ao lugar dos obxectos comúns: alí onde nós habitamos, alí onde sempre...
Vidaextra: Notas de Presentación para un Proxecto de Filme

Vidaextra: Notas de Presentación para un Proxecto de Filme

Ramiro Ledo Cordeiro  Resumo:  Guiándonos pola novela de Peter Weiss A estética da resistencia (1975-1981), trátase de superporlla ao noso día a día e de facermos o posíbel para tirarmos proveito dela. Gardando respecto polas características formais do texto, entraremos no edificio do Banco Español de Crédito, na Praza de Cataluña de Barcelona, a través...

Deconstrucións e outro. Unha fantoloxía do acontecemento

Sören Hauser  Resumo:  Hai silencios, marcas, secretos, outros, que non son senón fantasmas que se repiten, asedian e esixen unha concepción de tempo afastado da presenza, onde o pasado insiste no presente e a apertura ao por-vir é precisa. O fantasma aparece, ve e deixa marcas secretas e silenciosas que condicionan o noso ver e...

Errantes e místicas. Andar sen rumbo no cinema contemporáneo

  Marta Pérez Pereiro  Resumo:  A figura do flanêur asóciase á época de nacemento do tecido urbano que vai en paralelo ao agromar dos medios de comunicación de masas. O cinema, malia a súa capacidade para transmitir o espazo-tempo, a diferenza doutras artes, aínda non atopou a fórmula para trasladar a imaxes as camiñadas do...

T(r)opos ou unknow pleasures. A subversión do goce

Rebeca Baceiredo Resumo: A linguaxe empápase dunha orde social e reprodúcea. A linguaxe, logo, funciona con consignas. Que un texto dinamite a armazón pola que se liga ao statu quo é que as palabras dun texto deixen un espazo ao seu redor para poder latexar o seu ritmo, o seu tacto. Facer balbucir a lingua...

Bosques de texto. Rosalía de Castro e a lóxica da sensación

María do Cebreiro Rábade Villar Resumo1:  O artigo tentará mostrar a produtividade lingüística, ética e política dun motivo que funciona dun xeito transversal á totalidade da obra de Rosalía de Castro, e que constitúe unha figuración imaxinaria do mundo natural como algo susceptible de ser vulnerado ou ferido. Refírome á representación literaria da talla das árbores,...
Poréticas da Crise: Estratexias do poder, espazos de resistencia

Poréticas da Crise: Estratexias do poder, espazos de resistencia

O poder fala de crise… A crise converteuse na súa lexitimación e a súa reprodución no seu obxectivo. Con tal estratexia as institucións, os media e o establishment pretenden que reproduzamos aquilo que elxs insisten en producir, a saber, unha subxectividade acorde co poder e o capital, unha subxectividade que leva a débeda no seu...
Derritaxes 9 · Eco-Políticas

Derritaxes 9 · Eco-Políticas

  NÚMERO 9. Agosto 2012 pdf completo . Nun momento no que a conversión do ecolóxico en etiqueta comercial convive coa destrución efectiva do oikos, a ecoloxía é lugar de resistencia e espazo suxeito a múltiplesreapropiacións. A ecoloxía política e a ecoloxía económica xorden no último terzo do século XX asociadas á crise das materias...
Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze: Acontecemento e desexo

Gilles Deleuze é un dos autores aos que a tópica acostuma a facer parte dunha filosofía de liña diferencial –xunto a, entre outros, Jacques Derrida, con quen terá puntos en común pero, especialmente, unha distinción clara que fai que ambos se separen radicalmente: o estilo1–. Neste texto apostarase pola tese de que para Deleuze o concepto central da súa...

“Si ao aborto, porque si á vida”: biopoder, soberanía e reprodución obrigatoria

  Beatriz Hauser (beatrizhauser@proxectoderriba.org) Paradoxalmente aqueles que levan anos favorecendo a morte de moitas mulleres por abortos ilegais chámanse a si mesmos “pro-vida”, e aquelas e aqueles que están a defender a vida como vida efectiva e vivíbel reciben o cualificativo de “pro-aborto” ou “pro-elección”. Quen pode chamarse “pro-vida” e en nome de que ou...

Da biopolítica á ecopolítica

  Beatriz Hauser Pode aínda, para nós aquí e agora, funcionar a biopolítica como o designador dos complexos mecanismos de poder que nos constrúen, e como o lugar dunha resistencia (im)posíbel? Neste artigo tentaremos remarcar dende os seus desenvolvementos contemporáneos outra noción de vida irredutíbel a calquera contraposición binaria e que faga xustiza á multiplicidade...
Teresa Moure, O natural é político

Teresa Moure, O natural é político

  DexectoraCastro   Teresa Moure, O natural é político, Vigo, Xerais, 2008. “O mundo non se acabará por racharmos deliberadamente coas regras inxustas que o sustentan e, entrementres, talvez deamos feito unha fenda para nos ecoloxizarmos” Con esta obra a autora ofrécenos un texto que sen dúbida procura ser divulgativo. Hai que telo dende un...
Viñeta

Viñeta

Mapacrítico

Mapacrítico

Vandana Shiva: Biodiversidade, desenvolvemento local e crise financeira

Vandana Shiva: Biodiversidade, desenvolvemento local e crise financeira

(Esta entrevista, con Roberta Pellizzoli e Haram Sidibé, tivo lugar o 4 de Abril do 2009)1 Pregunta: O G20 concluíu con diversas propostas para encarar a crise económica e financeira global. Cales consideras ti que son as causas de fondo da crise? V.S: A raíz da crise está na desrregulación, que está permitindo ás forzas...

Urbanismo e sustentabilidade

  Culturambiente A urbanización do planeta nos últimos cen anos creceu exponencialmente: en 1890 tan só un 15% da poboación vivía en cidades –uns 250 millóns de persoas–, fronte a case o 50% no ano 2000. Mentres que a poboación total se multiplicaba por catro durante estes cen anos, a poboación urbana aumentaba máis de...

Land art. A arte como ferramenta para a restauración ecolóxica de espazos mineiros na Galiza

Almudena Rodríguez Vila A minaría na Galiza sempre representou un dos motores fundamentais no desenvolvemento económico da rexión. Porén, o aumento da competencia internacional ofrecendo un produto moito máis barato, o descenso das vendas pola caída da construción e a crise económica mundial, así como a crecente sensibilidade da poboación cara á conservación da natureza,...

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies