CONTRA AS CARTOGRAFÍAS: HETEROTOPÍAS E MUTACIÓNS NO PENSAMENTO CONTEMPORÁNEO
venres 3 de decembro 17 horas
(por Proxecto Derriba)

Fronte ás imaxes xeográficas e os receitarios do tipo “como orientarse no pensamento”, herdados da filosofía crítica moderna, que trazan unha figura nidia do “que é un concepto”, queremos convidarvos a uliscar os conceptos nos seus desprazamentos mínimos e nas súas mutacións  radicais, a pensalos entre os múltiples fíos dun proceso inacabábel de diseminación: restos espectrais dun proceso de escritura, monstros protéticos e artefactuais, inscribíndose de novo e cada vez en criaturas esquivas e fuxidías que, ás veces, só se presentan trala medianoite ou por un espello retrovisor como as pantasmas, saltando entre texto e texto sempre tan distintos a “si mesmos”.

Entre textos diversos e nomes propios confrontados, formulamos a partires das nocións de desexo, pantasma, repetición e acontecemento un percorrido (im)posíbel e non clausurábel pola produción filosófica do último terzo do século vinte.

Escoita

sábado 4 decembro
A intención do obradoiro é facer un percorrido por estas nocións que nos permita desprazarnos dende a doutrina psicanalítica de Freud e Lacan até o intento de transformación último desta en instrumento político nas mans e ideas de Slavoj Zizek, pasando pola crítica feita pola esquizanálise de Deleuze & Guattari, a deconstrución de Jacques Derrida, a filosofía da multiplicidade de Alain Badiou ou Maurizio Lazzarrato, a utopía de Fredric Jameson ou a asunción do acontecemento biopolítico por Negri & Hardt.

A idea final é que o capitalismo pode perfectamente ser entendido como un sistema de control da capacidade creativa vinculada ao desexo que o coarta e introduce en determinados límites para que aquel se crea capaz de ser satisfeito na sociedade de consumo.

Escoita

[+]

 

A CUESTIÓN DA PRODUCIÓN CULTURAL
A produción cultural está a ser clave na mudanza cara o CAPITALISMO COGNITIVO. Interésanos estudar cómo se está transformando o ámbito da produción cultural, qué novos actores entran en xogo, qué novas formas de productividade se orixinan… As licencias abertas, a proliferación de recursos (tecnolóxicos moitas veces), a noción de comunidade de traballo, o papel das subxectividades, etc. definen un novo escenario no que se verán sumerxidas as próximas xeracións. Escenario emerxente mais tamén inestábel e precario. Todo isto obríganos a observar, analizar e reformular continuamente as nosas condicións e relacións.

MÁIS INFO: http://invisibel.net/mocidade.html

LUGAR: FUNDACIÓN LUIS SEOANE


PROGRAMA:

venres 3 decembro

  • 10 horas: VJ Historia do cinema (teatro resoante)
  • 12 horas: Arte sonoro & fonografía (alg-a)
  • 17 horas: Contra as cartografías (Proxecto Derriba)
  • sábado 4 decembro21 horas: sesión DJ & VJ (mdmme cell + freeswl; no PATACHIM)

sábado 4 decembro

  • 12 horas: presentación da instalación POPMETRÓPOLIS (Ergosfera)
  • 16:30 horas: charlas sobre produción cultural (interveñen: YProductions
  • [BCN], Antón Fdez. Rota, Man_Hauser, Culture Workers)
  • 20:30 horas: concerto Iku Lobi Ocha (Carlos Suárez)

entrada libre

copia e difunde….

www.invisibel.net

Concellería de Mocidade A Coruña