2ª xornada tiqqun PDF Print E-mail
Written by man_hauser   
Monday, 20 April 2009 18:41

Falouse de novo de Tiqqun en costa da morte, que estou comezando a pensar que é máis ben un centro da morte. Pois ao cabo, chamalo costa da morte, ben mirado, supón referilo a unha excentricidade respecto da morte que estaría noutro sitio, e o que se quere dicir non é que aí hai unharelación especial coa finitiude? Dende logo, nos debates do tiqqun o lugar parece estar tendo unha influencia especial sobre o que se fala e se pensa. Nas dúas xornadas a mesma teima: a violencia, o desastre, a morte, o asasinato, o crime. Todo elo, como poténcia do pensamento; acaso cabe comprendelo doutro xeito? Aí xorde o problema, cando algúns insinúan que pensala morte e o crime en potencialidade ten algo de influencia de facto respecto do seu acto. Mais, non vén o acto do crime influido máis polo non-pensamento, pola inconsciencia, etc. que por unha capacidade íntegra do pensar? As pantasmas da finitude, alá onde o sol se agocha tralo mar, alá onde os solpores semella, que ninguén máis os presencia, onde xa non hai máis terra por-vir, siléncio, inmensidade, absoluto que rodea á terra, onde se dilúen as ánimas e as súas ansias por chegar máis lonxe... alí, na suposta fin do mundo, fálase da morte, e do asasinato, do crime, inevitablemente, centro da morte, poténcia da vida, horizonte aberto de pensamentos.

O profesor Miguel Anxo Quintanar de Lugo fixo unha magnçifica exposición, tremendo desprego, posta en marcha da máquina sintetica de pensamentos que podedes atopar no blog de corcubión. Sen moitas dificultades o profesor Quintanar sácanos un libriño explicativo do Tiqqun en edición tipo Baía ou Orto, que podería resultar ben interesante e útil. 

Comentarios
Añadir nuevo Buscar
trenqqun
David 21-04-2009

sentirse bloom, bloomificarse: necesidad o moda? Curiosa relación (forzada?) entre la Tiqqun y los
trenes "rutina encadenada". Decía Rafael Amor: "El loco de la vía vivía en la vía,
por donde corría con monotonía el tren: en horario o con atraso pero... TODOS LOS DÍAS.
Escribir comentario
Nombre:
Email:
 
Título:
Por favor introduce el código anti-spam que puedes leer en la imagen.

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Last Updated on Thursday, 23 April 2009 23:39
 
Creative Commons License