Bitácora
Escrita (s) PDF Print E-mail
Written by Administrator   
Saturday, 21 April 2012 16:59

 

 

Programa:

Read more...
 
XLIX Congreso de Filosofía Joven. Filosofía e Sentidos PDF Print E-mail


Programa aquí

[+]

 
Convocatoria Derritaxes 9 PDF Print E-mail
Thursday, 16 February 2012 06:47

 


 

Nun momento no que a conversión do ecolóxico en etiqueta comercial convive coa destrución efectiva do oikos, a ecoloxía é lugar de resistencia e espazo suxeito a múltiples reapropiacións. A ecoloxía política e a ecoloxía económica xorden no último terzo do século XX asociadas á crise das materias primas para lembrar o que a economía hexemónica facía por esquecer: o crecemento infinito que esixe a dinámica capitalista non é viábel nun mundo finito. Paralelamente, dos restos da crítica post-estrutural ao suxeito humanista e á dicotomía entre natureza e cultura xurdía outra noción de natureza, máis aló das oposicións binarias, que forzaba a novas inscricións do político.

En Galiza a defensa do territorio foi o principal campo de loita contra o carácter depredador do modelo económico vixente. Nese espazo converxen as loitas pola defensa dos bens comúns, as resistencias aos efectos máis nocivos da industrialización ou a protección da terra (non só coma paisaxe, senón como xeito de vida) artellando así os principais lugares de crítica práctica á dinámica do actual sistema económico. Unha natureza alongada e redefinida tórnase o espazo principal de loita duns movementos que se saben políticos e que están a mudar o topos político mesmo.

Nesta nova convocatoria de Derritaxes, Proxecto Derriba quere convidarvos a reescribir connosco as mutacións radicais ou os desprazamentos mínimos que dende aí se inflixen aos xeitos usuais de pensar o político, o económico e as relacións entre o “social” e o “natural” atendendo ao noso aquí e agora e destacando as resistencias imposíbeis que nel están a ter lugar.

O colectivo de pensamento contemporáneo Proxecto Derriba (www.proxectoderriba.org) avanza a convocatoria aberta para réxime de colaboración da revista Derritaxes (ISSN: 1988-9089) (http://derritaxes.proxectoderriba.org) no que respecta ao seu número 9, previsto para o mes de Xuño de 2012 e que xirará en torno ao eixo temático Eco-políticas.

 

Sen renunciar á libre creatividade e ó espírito crítico que nos anima e co fin de facilitar o traballo da edición da revista, consideramos precisa a observación das seguintes indicacións:

1. Derritaxes publica en galego, motivo polo cal anima a que as colaboracións sexan preferentemente nesa lingua. En todo caso, poden redactarse en lingua portuguesa, castelá, francesa, italiana ou alemá, mais publicaranse suxeitas á dispoñibilidade que o equipo de tradución de Proxecto Derriba manteña e, polo tanto, non se asegura a súa publicación.

2. Os textos serán artigos de investigación ou recensións de libros con relevancia no pensamento contemporáneo e aparecerán adscritos a unha das seccións nas que se divide Derritaxes (Documentos, Recensións, Entrevistas, Con-textos, Derivas). Tomarán como referencia os seguintes parámetros por páxina:

- Tipo de Letra: Times New Roman: 12 pt

- Marxes: superior, 2,5 cm; inferior, 1,25 cm; esquerda, 3 cm; dereita, 3 cm

- Aliñamento: xustificado; Espazamento entre liñas: 1.5 liñas.

3. Os artigos encabezaranse, necesariamente, cun breve Resumo Abstract.

4. Recomendamos homologar as referencias bibliográficas de acordo ó sistema americano Harvard-APA. Cando se trate dunha cita no corpo do texto, poñerase ao remate da cita entre parénteses o apelido do autor, o ano de publicación e o número de páxina, podendo obviarse a páxina no caso de que a cita non sexa directa. Por exemplo: “...” (Vidarte, 2007: 20), ou: ... (Vidarte, 2007). Como consecuencia as referencias completas das obras citadas compendiaranse nunha bibliografía ó final do artigo, seguindo os seguintes parámetros:

- No caso de libros:

- VIDARTE, P. (2007): Ética marica. Proclamas libertarias para una militancia LGTBQ. Madrid/Barcelona, Egales.

- DERRIDA, J. (2005a): Apprendre à vivre enfin. Entretien avec Jean Birnbaum. Paris, Galilée.

- DERRIDA, J. (2005b): Canallas. Dos ensayos sobre la razón [trad. cast. de Cristina de Peretti]. Madrid, Trotta.

- BASCETTA, M., BONSIGNORI, S., PETRUCCIANI, S. e CARLINI, F. (eds.) (2001): 1968. Una revolución mundial (CD-ROM/libro) [trad. cast. de Luis Peña Molero, Carlos Prieto del Campo, Ricardo Russo e Francisca Sánchez Peiró]. Madrid, Akal.

No caso de artigos:

- JAMESON, F. (2002): “Imaginarios de la globalización: cosas que nunca te dije”, en Archipiélago, 52, Madrid, pp. 27-34.

- DELEUZE, G. e GUATTARI, F. (1988): “Aparato de captura”, en Mil mesetas [trad. cast. de José Vázquez Pérez e Umbelina Larraceleta]. Valencia, Pre-textos.

 

- VIRNO, P. (2006): “El trabajo no nos hace libres”, en BALESTRINI, N. e MORONI, P.: La horda de oro (1968-1977) [trad. cast. de M. Bogazzi, H. Arbide, P. Iglesias, J. Bonet i Martí, D. Gámez, J. Gual, R. Sánchez Cedillo e A. Méndez]. Madrid, Traficantes de sueños.

- HAUSER, O. (2007, Decembro): “Libra. Unha cronoloxía do azar”, en Derritaxes, 0. Tirado o 31 de xullo de 2009 de <http://derritaxes.proxectoderriba.org>

5. A identidade d@ autor/a será aquela coa que desexe publicar o seu orixinal, facendo constar o seu correo electrónico. A firma que identifique ó autor faino único responsábel da titularidade do texto. Derritaxes ten por norma someter a avaliación, ao longo do mes previo á publicación, os traballos que edita coa finalidade de asegurar que cumpren as condicións aquí descritas.

6. O material citado debe enviarse en formato .odt (open office) ou .doc (word) por e-mail a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it antes do 1 de maio de 2012.

CREATIVE COMMONS.- Derritaxes considera imprescindíbel a achega de materiais que poidan orientar unha intervención no espazo social e político contemporáneo. Por iso considera que a libre disposición destes materiais para o común da sociedade debe primar por enriba dunha concepción individualista do traballo intelectual. Por este motivo edita exclusivamente mediante unha licenza Creative Commons que permite a libre distribución e reelaboración baixo as seguintes condicións:

Recoñecemento-Non comercial-Compartir Igual 2.5 España.

 

 
Curso Perfeccionamento Pensamento Contemporáneo PDF Print E-mail
Wednesday, 07 December 2011 09:46

Ampliado prazo de preinscripción até o 27 de Xaneiro

Preinscrición: 01/12/2011 ao 27/01/2012
Matrícula: 27/01/2012 ao 17/02/2012
Custo: 100 euros.
Inicio do curso: 29/02/2012
Fin do curso: 30/05/2012

Horario: Mércores. 16.30h - 20.30h.
Lugar: Facultade de Filosofía da USC

Lugar de preinscrición: Secretaría do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social Facultade de Filosofía. Praza Mazarelos s/n · Santiago de Compostela 15782
This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it


Francisco Conde Soto
Despacho de profesorado externo
Facultade de Filosofía

Descarga Díptico do Obradoiro

 
Novas Tendencias do Pensamento Contemporáneo 2011 PDF Print E-mail
Monday, 26 September 2011 18:57



Inscripción: enviar folla de inscripción a This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

Descarga o programa do obradoiro.

 
<< Start < Prev 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Next > End >>

Page 1 of 22

Últimos Comentarios

Monografías

Materiais e ferramentas Procomún.
Banner

Escrita(s)

Destacamos

@proxectoderriba



Creative Commons License